Sobre nós

O Arenas de Alcabre é un dos clubs máis antigos de Vigo. Fundado en 1933, comezou a súa andaina vinculada á parroquia de Alcabre e así seguimos, aínda que na actualidade a actividade deportiva concéntrase no Campo de Futbol “Pahiño” en Navia, que compartimos con C.P. Alertanavia. Contamos con equipos de todas as categorías dende Minis ata Xuvenís. Ademais de participar nas Competicións oficiais da Federación, tamén disputamos diversos Torneos Provinciais.

Cómpre salientar que aportamos xogadoras aos diferentes Seleccións Femeninas de Vigo, o que indica un recoñecemento ao traballo que vimos facendo dentro do Fútbol Base Vigués.

Participamos no Proxecto Siareiros da Fundación Deportiva de Vigo "VIDE".
Fai clic aquí para acceder ao formulario de inscrición VIDE

A sede do Club está situada no Campo de Futbol Ameixeira (Alcabre)
                                                                                                
Temos presenza activa nas Redes Sociais: Facebook, Twitter, Instagram y Youtube.

Se queres formar parte desta gran familia como Xogador, Adestrador, Colaborador,... podes dirixirte a:
•      Diego 661 246 388
•      Kike   659 966 227
•      arenasdealcabre.scd@gmail.com

A nosa casa e lugar de encontro é o  Campo de Futbol Pahiño (Navia). Contamos coas mellores e máis modernas instalacións: terreo de xogo, vestiarios, gradas, iluminación deportiva... con fácil acceso e sen problemas de aparcadoiro.
Aquí adestramos os martes e xoves de 17:30 a 21:00 horas, e xogamos os partidos das diferentes competicións.



Ameixeira, O antigo campo de fútbol é onde se atopa a sede do club.
Ameixeira (Alcabre) en Wikipedia